Bacharelato e educación secundaria obrigatoria a distancia para persoas adultas

Aprende ao teu ritmo co noso apoio

CARACTERÍSTICAS

Acada o título de ESO ou bacharel

O mesmo título que no sistema ordinario. Mellora as túas perpectivas laborais e accede a ciclos de formación profesional ou á universidade.

REQUISITOS

Quen pode matricularse?

Persoas maiores de 18 anos ou que os cumpran antes do 31 de decembro, e maiores de 16 anos que acrediten documentalmente causas excepcionais.

AULA VIRTUAL

Accede dende calquera lugar

Atoparás unha moderna aula virtual con contidos escritos e audiovisuais das materias. Terás acceso a titorías (telemáticas, telefónicas ou presencias) co profesorado.

EXAMES

Examínate onde ti decidas

Poderás superar as materias por parciais ou nun exame final. Preséntate onde ti prefiras. No bacharelato, en: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol, Santiago ou Burela.

Xa podes facer a solicitude de matrícula online

Consulta máis información sobre a ESO e o Bacharelato a distancia