Solicitude aviso matrícula

 

 

Aviso para usuarios non matriculados

O seu número de teléfono ou a súa dirección de correo electrónico foron dados de alta na aplicación de matrícula para o bacharelato a distancia da comunidade de Galicia, no IES San Clemente (https://matricula.iessanclemente.net). Se non foi vostede quen a deu de alta, simplemente ignore a mensaxe recibida. Non recibirá novas comunicacións nosas.

En caso de que se houbera dado de alta de forma voluntaria, e a súa intención fose matricularse no bacharelato a distancia para o curso 2018-2019, lémbrolle que, según a información que nos consta, aínda non figura como matriculado. Non recibimos a documentación necesaria, que debería ternos achegado por correo ordinario unha vez rematada a alta na aplicación web.

En caso de que aínda desexe matricularse, o prazo de matrícula remata o vindeiro luns 26 de novembro. Deberá achegarnos a documentación obtida da aplicación e aquela outra requirida pola mesma antes desa data. En caso de dúbida ou se xa enviou a documentación da matrícula, póñase en contacto co IES San Clemente no correo electrónico ies.sanclemente@edu.xunta.es ou chamando aos teléfonos 881 86 75 01 / 881 86 75 02.