Maior de 18 anos e a ESO superada

Pode matricularse calquera persoa con estas características. Se non é o teu caso, le as condicións completas académicas e de idade.

Requisitos de idade

Pode matricularse calquera persoa que teña 18 anos ou que os cumpra antes do 1 de xaneiro.

Tamén poden matricularse persoas maiores de 16 anos que acrediten documentalmente causas excepcionais que lles impidan matricularse nun centro ordinario (saúde, traballo, estudantes de música e danza, deportistas de alto nivel ou alto rendemento). Nestes casos a matrícula deberá facerse de xeito presencial.

Requisitos académicos

Poden matricularse as persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos académicos:

  • Graduado en educación secundaria.
  • Técnico correspondente a FP específica de grao medio.
  • 2º de BUP superado cun máximo de dúas materias pendentes.

Se posúe outro tipo de titulación, consulte co persoal do IES San Clemente.